Linguas preindoeuropeas

Localización dalgunhas linguas preindoeuropeas documentadas.

As linguas preindoeuropeas son algunhas linguas non clasificadas (pero non necesariamente relacionadas entre si) que existiron na Europa prehistórica e no sur de Asia antes da chegada dos portadores das linguas indoeuropeas a eses territorios.

Algunhas están testemuñadas só como elementos de substrato nas linguas indoeuropeas; con todo, algunhas outras (como o etrusco, minoico, ibérico etc.) tamén aparecen testemuñadas en inscricións, datábeis as máis delas na Idade de Bronce.

A única lingua preindoeuropea que sobrevive é o éuscaro.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search